miércoles, 30 de marzo de 2011

María Corleone e o Centro de Filosofía para Nen@s de Galicia estarán no Lectoriño.




Nesta ocasión presentaremos unha lectura escenificada de Lara, unha das cinco protagonistas do Proxecto Miroscopio, creación de María Corleone e o Centro de Filosofía para Nen@s de Galicia.
Lara é a única escritora do mundo que aínda non sabe escribir...nin pintar mans.
O seu pai regaloulle unha gravadora "para que non perda as súas verbas cargadas de contos". Con este aparello e todo o que atopa ao seu redor que lle sirva para ilustrar, introdúcenos no proceso creativo dun dos seus contos. Até ese momento ningunha das súas protagonistas ten mans, o que condiciona moito as historias desta cuentista de 4 anos.

Coa historia de Lara queremos que @s nen@s de Vilagarcía vexan que non é necesario saber ler ou escribir para disfrutar das historias nin para crealas. Queremos provocar que sintan que poden tamén fabricar os seus propios contos. Tanto a lectura como a propia ambientación do espazo, feita con materiais moi sinxelos, busca espertar a gran idea: “eu tamén podo facelo!”
Do mesmo xeito, queremos amosar varias linguaxes coas que facer unha historia. Por iso traemos aos nosos mellores narradores:

María Corleone, textos, ilustracións e ambientación da sala.

Alfonso Casi Siempre, música orixinal.

Lola Folgar, voz.

Arturo Nono, mimo.